Máscara presentará no auditorio do Concello a súa última montaxe
A compañía Máscara Produccións fará esta fin de semana doblete no Auditorio do Concello, onde presentará a súa última producción "Discurso sobre o fillo de puta".
A representación terá lugar ás 20,30 horas e enmárcase na programación de "Vigo a Escena" que organiza a Concellería de Festas e Animación Sociocultural.
Baixo a dirección de Xerome Calero, os actores que interpretan esta montaxe son Patricia Alfaya, Marco Antonio Álvarez, María A. Lagarón, Verónica Codesido, Beatriz Míguez, Pablo Puga e o propio Xerome Calero.
Máscara resume a filosofía da obra de Alberto Pimenta coa seguinte frase: Fillo de puta é "todo o mundo" ou "ninguén": é unha propensión humana que se manifiesta logo que as condicións o permiten, e "o permiten moito”.
Artello en Castrelos
Tamén dentro de "Vigo a Escena" o grupo Artello fará unha representación o sábado, ás 20:00 horas, no Pazo Museo de Castrelos, co seu traballo "Amadís de Algures".
En "Amadís de Algures" (Unha de cabalerías) actúan como actores-manipuladores Rosa Hurtado e Santiago Montenegro, que se encargan tamén da posta en escena e da producción do espectáculo que ten ós monicreques como protagonistas indiscutibles.
Esta montaxe foi estreada en xullo do pasado ano, e o espectáculo está baseado no Amadís de Gaula. Artello relátanos a historio dun bebé que, no fragor da guerra que asola Algures, é depositado nunha arca para poñelo a salvo dunha morte segura. Tras dun longo periplo chega a un reino afastado, onde é acollido polo cabaleiro Gandales e a súa dona Leonora.
Dende neno a súa vitalidade provoca a admiración da xente do anquilosado país no que vive. Sendo mozo atopa no bosque á princesa Oriana, que está en situación de perigo. A partir dese momento a súa maior aspiración será ser nomeado cabaleiro. As súas fazañas, sempre en defensa dos máis febles, farán que a súa sona chegue ós lugares máis arredados, aínda que tamén serán fonte dalgún problema coa súa namorada.