Escoitar

Participación organiza un curso de "Introducción ás Políticas Sociais" para organizacións non lucrativas

O Plan de Formación para ONLs da Concellería de Participación Cidadá pon en marcha un novo curso dirixido ás persoas socias, colaboradoras ou asalariadas das asociacións do noso municipio e a todas aquelas que estean interesadas neste sector non lucrativo.

xoves, 27 mar 2003
Trátase do curso ‘Introducción ás Políticas Sociais’ no que se tratará, desde a contextualización das actuais tendencias socioeconómicas, os distintos modelos e as principais liñas metodolóxicas do traballo social así como as políticas que están a seguirse nas distintas áreas do social.

Realizarase no Centro de Servicios Sociocomunitarios Casco Vello, na rúa Oliva número 12, todos os luns e mércores entre o 7 de abril e o 14 de maio (a excepción de Semana Santa), en horario de 18 a 21 horas.

As persoas interesadas en inscribirse ou obter máis información poden facelo a través do teléfono 986 126 010.