Seragua construirá a rede perimetral de abastecemento de auga, por encargo do Concello
A Unión Temporal de Empresas Seragua-FCC, actual concesionaria do servicio de saneamento e abastecemento de auga a Vigo, será a que se encargue da execución do proxecto "conexión O Casal-Valadares e peche perimetral". Esta obra, presupostada en 7.049.844 euros, permitirá o subministro de auga ao Parque Tecnolóxico e Loxístico e ao polígono de Navia, ao tempo que garante o abastecemento de diversas parroquias do oeste da cidade.
Asemade, o Pleno do Concello acordou tamén encomendarlle á mesma UTE a realización das obras de mellora do abastecemento á parroquia de Beade, cun orzamento de 769.004 euros.
O Concello decidiu asumir o custo destas obras tras unha negociación coa Xunta de Galicia na que a administración autonómica asumiu o compromiso de completar a rede de saneamento das parroquias de Beade, Valadares e Zamáns. A día de hoxe, a Dirección Xeral de Augas de Galicia só confirmou a execución das obras de saneamento na primeira das parroquias citadas, polo que o pleno da corporación acordou instarlle a que licite coa máxima urxencia os tres proxectos.
Acordo con Soutomaior para o pagamento da auga
O Concello de Soutomaior chegou a un acordo co de Vigo para pagar a débeda de 214.156 euros que mantén polo subministro de auga potable. Soutomaior abonará esa cantidade antes do remate do primeiro semestre deste ano. A partir de agora, o concello de Soutomaior pagaralle ao de Vigo unha tarifa de 0,1094 euros por metro cúbico de auga subministrada. Esa tarifa revisarase automaticamente o 1 de xaneiro de cada ano conforme á evolución experimentada polo IPC no exercicio anterior.
Descargar todas as imaxes