O Concello cédelle un local á asociación do Casco Vello
A Corporación municipal acordou cederlle o local municipal situado na rúa Oliva á asociación veciñal e cultural do Casco Vello. Terá dereito a uso dunha superficie de 169, 89 m2 no semisoto e 19,95 m2 da planta baixa do inmoble, por un período de 20 anos, no que está o Centro de servicios comunitarios do Casco Vello, excluíndo desta cesión o patio interior do semisoto coas excavacións da muralla.
A entidade beneficiaria destinará o local aos fins propios dos seus estatutos e, en concreto, para o desenvolvemento dos obxectivos, programas e actividades de interese xeral de carácter social, lúdico e cultural. Todos eles deben ser fins de utilidade pública e interese social en beneficio dos intereses dos veciños da cidade. Calquera obra ou mellora do local contará coa autorización previa da Concellería de Participación Cidadá.
O Concello de Vigo, no momento en que así o determine, poderá compartir o uso do local para a realización de servicios públicos municipais que beneficien aos veciños da cidade e, ademais, poderá acordar a incorporación dalgunha outra entidade do barrio cando así o solicite e o permitan as dispoñibilidades de superficie e sexa compatible. Nese caso, o acordo de incorporación regulará as novas condicións de uso do local.
Nomeamento de rúas
Aprobouse nomear o tramo comprendido entre a ponte romana do río Lagares (Sárdoma) e a rúa Fonte Santa, collendo parte da numeración antiga do Camiño da Finca dos Aires e tamén parte da urbanización sinalada como Pombal, como rúa Enrique Alonso "Xauleiro" (gaiteiro). Modifícase o tramo actual do vial chamado Fonte Santa, de maneira que comeza na Baixada a Ponte Nova e remata na Baixada á Laxe, atravesando a urbanización Pombal e chamándose, polo tanto, rúa Fonte Santa.
Modificouse o tramo actual do vial chamado rúa Finca dos Aires, de maneira que comezaría na rúa Fonte Santa e remataría na Baixada á Laxe, collendo a numeración antiga do que viña sendo o Camiño da Finca dos Aires e atravesando a citada urbanización Pombal.
Nomearase como rúa Francisco de Sales ao vial interior da urbanización Pombal que comezaría na rúa Finca dos Aires e remataría na rúa Fonte Santa.
Acordouse darlle o nome de Trinitario Otero ao vial que comeza no número 38 da rúa Fonte Escura e remata no número 15 da rúa Currás, absorbendo ademais a cuarta Travesía de Barreiro.
Unificouse o vial que comeza na avenida Atlántida 89 e remata na rúa Castaña da parroquia de Alcabre como rúa Xavier Sensat.