xoves, 3 abr 2003
A primeira pantalla, instalada en Teófilo Llorente na oficina de Turismo da Pedra, está dispoñible as 24 horas. Este servicio interactivo prestarase tamén na estación marítima de ría.
xoves, 3 abr 2003
O Concello de Vigo vai presentar unha querela contra os propietarios do inmoble sito na rúa López de Neira número 6, pola presunta comisión dun delicto de desobediencia á autoridade. Estes propietarios ignoraron de forma reiterada as ordes de proceder á execución de obras para restablecer a habitabilidade e conservación do edificio.
xoves, 3 abr 2003
A xornada está aberta a participación de calquera mozo
xoves, 3 abr 2003
O concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, presentou o Primeiro Congreso Internacional de Musicoloxía que se celebrará na Fundación Mayeusis os días 4 e 5 de abril e que leva por título "A ópera en Vigo". O congreso organizado polo Instituto de Estudios Vigueses, en sesións abertas, está enmarcado no proxecto da Unión Europea "European Musical Heritage and Migration" que desenvolve o Instituto da Música Latinoamericana e que está coordinado en España por Enrique Sacau.
xoves, 3 abr 2003
O Concello aprobou as bases da VIII edición dos Premios de Arquitectura e Urbanismo Irmáns Gómez Román, correspondente aos anos 2001-2002. Os galardóns concederanse con periodicidade bianual, tal e como recomendou o xurado da última edición, para permitir así unha maior participación.
xoves, 3 abr 2003
"Colgados río abaixo" é o título da conferencia do ciclo "Natureza sen límite" organizado polo Club Montañieros Celtas coa colaboración da concellería de Deportes que se celebra o 4 de abril no paraninfo da Escola Universitaria de Enxeñeiros Técnicos Industrias (Peritos), a partir das 20:00 horas.
xoves, 3 abr 2003
Os días 4 e 5 de abril, entre as 8:00 e as 20:00 horas, estará pechado ao tráfico o sentido de baixada da rúa Sanjurjo Badía, no tramo entre Enrique Lorenzo e Julián Estévez, por mor das obras de reposición do firme.