Os cidadáns de Vigo poderán opinar sobre a guerra nunha consulta popular
Asemblea pola Paz presentou hoxe o referendum-consulta sobre a guerra que se levará a cabo os días 4 e 5 de abril en oito puntos da cidade e que conta coa apoio da concellería de Cultura.
O motivo da consulta sobre a guerra, que se realizar no ámbito estatal, é cuestionar o feito de que os gobernos teñan a lexitimidade para tomar decisións tan importantes sen consultar á cidadanía. A Asemblea pola Paz subliña que con este exercicio de democracia participativa "buscamos crear espacios de discusión, debate, reflexión e responsabilidade cidadá, fronte ó sistema actual de democracia representativa, no que as decisións son tomadas obviando o sentir mayoritario da población".
A consulta-referendo en Vigo xira en torno a tres preguntas: ¿estás de acuerdo coa guerra contra Irak?, ¿Crees que o Goberno debe convocar un refedéndum vinculante antes de implicarmos nunha guerra? e ¿estás de acordo co uso das armas para resolver os conflictos?.
As mesas para participar estarán situadas en Coia , rúa Príncipe, Mercado do Calvario, Praza de América, Mercado de Teis, cruce Venezuela-Gran Vía, Praza Elíptica e cruce dos Choróns, en horario de 10 a 20h, os días 4 e 5 de abril. O reconto das consultas e votos realizarase o luns ás 10 da mañá no Concello.
Asemblea pola Paz é un grupo de persoas constituído en asemblea cidadá soberana, aberta os que queiran participar e independente de calquera partido, plataforma ou formación política.
Descargar todas as imaxes