Educación publica a nova guía de centros públicos de secundaria vigueses
Os estudiantes poderán obter a información necesaria da oferta educativa existente en Vigo para inscribirse no vindeiro curso. A concelleira Ana Gandón destacou, coa edición desta guía, o compromiso co ensino público "que garante unha auténtica igualdade de oportunidades".
Ana Gandón explicou que é unha guía manexable que contén, como novidades, a descrición do sistema educativo actual e o proxecto de lei para o vindeiro curso, xa que está nunha fase de transición. A guía dispón de información de cada centro, do mapa de centros e horarios de toda a rede pública de ensino secundario en Vigo.
O coordinador da guía e director do IES de Teis, Antonio Vázquez, indicou que a edición desta publicación é unha medida que pretende potenciar o ensino público, democrático e progresista. Vázquez agradeceu, no nome dos directores de secundaria, a colaboración e especial atención de Ana Gandón nos planos de traballo emprendidos desde a concellería da que é titular, que deberían ter continuidade no futuro, afirmou.
Editáronse 10.000 exemplares dos que 5.700 foron distribuídos por correo aos rapaces que van iniciar a ESO e a secundaria posobrigatoria. Repartíronse ademais en centros educativos, servicios municipais, sindicatos, Federación veciñal, asociacións de veciños e na Casa da Xuventude. O presuposto total da publicación e distribución desta guía foi de 7.800 euros.
Ademais da descrición das instalacións e ciclos impartidos en cada centro público de educación secundaria, aparecen os horarios e outras opcións educativas. Hai tamén información sobre o procedemento de admisión de alumnado, bolsas e axudas, referencias lexislativas, puntos de información e un directorio de centros, entre outros.
O prazo de inscrición para o vindeiro curso remata o día 15, pero esténdese ao 22 de abril, despois das vacacións de Semana Santa, polo que os estudiantes poderán consultar e elixir as opcións que estimen máis convenientes.
Descargar todas as imaxes