Escoitar

Benestar Social colabora con Médicos do Mundo en programas de prevención de drogas

A concelleira de Benestar Social, Belén Sio, asinou a prórroga do convenio de colaboración con Médicos do Mundo, cun presuposto de 48.000 euros, co obxectivo de reducir a marxinalidade dos toxicómanos.

martes, 1 abr 2003
O proxecto de colaboración consiste nun achegamento ós toxicómanos e usuarios de CEDRO (centro de desintoxicación), para conseguir unha reducción de danos e a súa inclusión social. Segundo Belén Sío o que se pretende é minimizar os danos asociados ó consumo de drogas, diminuír a marxinalidade do colectivo e a prevención de enfermidades.

Médicos del Mundo ten nas rúas dos arredores de Cedro, un equipo de educadores que traballan co fin de conseguir que os toxicómanos participen dos recursos sociosanitarios. Con este labor preténdese mellorar a calidade de vida destes cidadáns que sofren na súa maioría desarraigo familiar, social, de emprego e que están á marxe das institucións.

Mediante o convenio asinado con Médicos del Mundo desenvólvese un proxecxto dentro da filosofía de reducción de danos, na idea de minimizar danos asociados ó consumo de drogas, diminui-la marxinalidade e favorece-la integración e a prevención do VIH/Sida a outras enfermidades de trasmisión. Ademais do traballo de rúa que realiza a institución, continúase co desenvolvemento das actividades dun centro de apoio.

Máis información