martes, 1 abr 2003
O alcalde, Lois Castrillo, presentou as novidades que se están a introducir en Vigozoo cara a súa transformación nun parque de ciencias naturais no que, ademais da exhibición de animais, se realicen tarefas de educación ambiental e de investigación científica.
martes, 1 abr 2003
Continúa aumentando a utilización da Tarxeta Verde do transporte público urbano. Nestes momentos, o 68,3% dos usuarios do autobús pagan as súas viaxes coa tarxeta, o que representa que se benefician dalgún dos descontos que se aplican sobre o prezo do billete. O número de tarxetas en circulación a data de hoxe supera as 114.000.
martes, 1 abr 2003
A concelleira de Benestar Social, Belén Sio, asinou a prórroga do convenio de colaboración con Médicos do Mundo, cun presuposto de 48.000 euros, co obxectivo de reducir a marxinalidade dos toxicómanos.
martes, 1 abr 2003
A traballadora Social do Concello de Vigo María Xosé Thomas analiza "Os servicios sociais no marco da sociedade do benestar".
martes, 1 abr 2003
"Descubrindo o esquí de montaña" é o título da conferencia do ciclo "Natureza sen límite" organizado polo Club Montañeiros Celtas coa colaboración da concellería de Deportes que se celebrará o 2 de abril no paraninfo da Escola Universitaria de Enxeñeiros Técnicos Industrias (Peritos), a partir das 20:00 horas.