O Concello autoriza a construcción do paso soterrado no Troncal
O Consello da Xerencia de Urbanismo aprobou definitivamente o proxecto de construcción dun paso soterrado de vehículos na Travesía de Vigo (intersección coa rúa Aragón). Este paso inferior será financiado pola entidade mercantil Carrefour, en cumprimento dun convenio asinado co Concello.
O proxecto pretende simplificar a circulación no cruce entre a Travesía de Vigo e a rúa Aragón soterrando a circulación de vehículos que transitan pola Travesía e creando unha rotonda distribuidora de tráfico para os que acceden dende a Travesía á rúa Aragón. O Concello autoriza a obra unha vez que o Ministerio de Fomento formalizou a cesión deste treito da antiga N-552 á institución municipal.
A zona que será remodelada ten unha lonxitude de medio quilómetro, da que 370 metros pertencen ao paso inferior. Este túnel terá dous carrís de tres metros de ancho, unha mediana de 0,60 m., arcéns de 0,50 m. e beirarrúas de 0,73 m. Sobre o paso soterrado ubicarase unha glorieta cun diámetro de 30 m. rodeada por dous carrís de 4 m. de ancho. Tamén se prevé a construcción dunha rotonda no cruce da Travesía de Vigo coas rúas Cantabria e Frian. Neste caso a glorieta é máis reducida, 12 m. Paralelamente está previsto o acondicionamento e ampliación da rúa que da acceso ao colexio público de Frián.
O paso soterrado intégrase no viario existente sin alterar as aliñacións actuais do vial. Tampouco resultará afectada a rasante da Travesía de Vigo nin se modifica o rexime de uso público da rúa.