O descenso de canóns centra a conferencia do ciclo audiovisual "Natureza sen límite"
"Colgados río abaixo" é o título da conferencia do ciclo "Natureza sen límite" organizado polo Club Montañieros Celtas coa colaboración da concellería de Deportes que se celebra o 4 de abril no paraninfo da Escola Universitaria de Enxeñeiros Técnicos Industrias (Peritos), a partir das 20:00 horas.
A conferencia estará a cargo de Jesús Manuel Sáez Hidalgo, membro do Club Montañeiros Celtas, e ten unha ampla traxectoria de 25 anos no mundo da espeleoloxía e o descenso de canóns. É monitor desta especialidade pola Escola Francesa de Canóns e Iniciador Deportivo da E.E.E., realizou campañas de exploración de cavidades da cornixa cantábrica, Andalucía e no perineo navarro. Foi organizador de dúas expedicións internacionais de exploración de canóns ás illas Guadalupe e Dominica, nas Antillas. Na actualidade coordina un proxecto de resinstalación de canóns galegos e outro de sinalización dos máis frecuentados, ademáis do inventario de todos eles.
Sáez Hidalgo presentará un audiovisual no que, ademais dunha introducción ó mundo do barranquismo, a súa evolución, precaucións e técnica, fará un repaso das pecularidades dos canóns en Galicia, coas principais zoas onde se agrupan, e os recorridos máis significativos, vistosos e visitados da nosa Comunidade. Tamén poderase ver imaxes das súas expedicións e exploracións dentro e fora do noso territorio para comprobar as grandes posibilidades desta modalidade deportiva en Galicia.