Concerto da Orchestra Baobab
A Orchestra Baobab ofrecerá un concerto en Vigo, o mércores 9 de abril, coa colaboración da Concellería de Festas e Animación Sociocultural. A formación presentará o seu último disco, "Specialist In All Styles", o primeiro, tras dúas décadas de inactividade.
A Sala Nova Olimpia acollerá a actuación da banda senegalesa, a partir das 21:30 horas. O prezo da entrada é de 10 euros en venda anticipada e de 12 euros en billeteira; podendo adquirirse en Discos LP, Disco 3, Discos Gong e por teléfono en Tick-Tack Tickects, 902 888 902.
A Orchestra Baobap formouse en Dakar no 1970 cando un grupo de ministros do goberno senegalés decidiu crear un club discreto onde puidesen xuntarse cos seus amigos. Alugaron un soto no número 144 da rúa Jules Ferry e decoraron as paredes e o teito de xeito que parecese un baobap, a mítica árbore africana por mor da súa lonxevidade e a acolledora sombra que proporciona.
Baro N’Diaye, saxofonista e primeiro director da banda, encargouse xunto ao baixista Sidathe Ly, de escoller os outros membros fundadores, Moussa Kane ás congas e Biteye á batería. Da Star Band do Miami Club de Ibra Kasse chegaron o guitarrista Barthelemy Attiso e os cantantes Rudy Gomis e Balla Sidibe, que ademais tocaba a guitarra, a batería e as congas. Laye M’Boup, a carismática estrela da National Trouppe do Srano Theatre incorporouse como cantante, destacando as súas habilidades de griot, a afinación perfecta e o dominio dun vasto repertorio de wolof. A formación convertiuse de contado na sensación de Dakar.
O que distinguiu a Orchestra Boabap doutras formacións foi a soltura coa que mesturaban a música africana coa pachanga, o cha-cha-chá e a música latina. A mediados dos anos 70 eran aclamados non so como a mellor banda de Senegal senón de toda Africa cun estatus similar ao da Benbeya Jazz na Guinea de Sekou Toure. Asemade, o grupo acollía a numerosos artistas invitados, subliñando o seu multiculturalismo que reflectía a complexidade étnica do país.
No 1979 pechou o Club Baobap e a orquesta trasladouse ao Club Ngalam. Chegaron os anos 80 e con eles o clímax do seu éxito. No 1982 irrompe na escena o novo estilo de música popular senegalesa "mbalax", moi bailable e baseado nos tradicionais tambores sabar. No 1985, nun tento de actualizarse a Baobap introduciu estes tambores na súa formación e incluiu os cantantes Ndeye Seck e Nattou Sarr. Sen embargo, os cambios non funcionaron e o grupo disolveuse tras unha complicada xira por Francia.