As II Xornadas de astronomía servirán para o debate de expertos e afeccionados
O auditorio do Ifevi acolle as II Xornadas de astronomía e natureza que serán inauguradas polo concelleiro de Medio Ambiente, Amador Fernández.
A Asociación Galileo Galilei e a Escola de Peñafiel organizan este evento no que colaboran o Concello de Vigo, Vigozoo e Caixanova. En total, están invitados corenta colectivos de especialistas e afeccionados á astronomía.
A xornada abrirá o 5 de abril ás 10:30 coa recepción aos participantes e a entrega de credenciais aos representantes das organizacións inscritas. Ás 11:30 darase a benvida e inaugurarase a xornada. Tras unha pausa, ofrecerase a conferencia "Protección da calidade do ceo, contaminación lumínica", impartida por Ana Ulla Miguel, profesora do departamento de Física aplicada da Universidade de Vigo.
Ás 13:30 realizarase unha visita ao salón da feira e ás 17:00 reanúdanse as sesións cunha mesa redonda coas comunicacións libres, moderada por Jacinto Martín Barreras, presidente do comité organizador.
A quenda de intervencións dos asistentes será ás 18:00 horas ata o final das participacións. Diversos colectivos que presentaron comunicacións libres previamente exporán os seus traballos. As asociacións inscritas que asistan recibirán material de traballo e conclusións.
Entre as comunicacións libres destacan as intervencións de Pedro Nuno Gual e António Ferreira co tema "O club de astronomía e a súa divulgación", Adalberto Santos que presentará o "Estudo comparativo da Lúa-Ollo nu/telescopio" e Lino Naranjo que falará sobre a "Predicción meteorolóxica de Galicia".
Estas xornadas vense enriquecidas coa visita ao salón monógrafico "Astronomía e natureza, Universo e Terra" dentro de Galiocio, que contará con importantes expositores que agradarán aos afeccionados neste campo.
Descargar todas as imaxes