A Semana dos maiores abrangue actividades deportivas, culturais e de lecer
Finalizará cunha homenaxe ás participantes no programa de deportes
Concertos, exhibicións deportivas, bailes e obradoiros constitúen o programa da Semana dos Maiores, organizada pola Concellería de Benestar Social. Os actos desenvolveranse os días 8, 9, 10 e 11 de abril, no Auditorio do Concello, de 17:30 a 20:00 horas.
A Semana finalizará cunha homenaxe ás 40 mulleres que levan máis de dez anos participando no programa de deportes para maiores do Concello. En concreto, farase unha mención especial á Eugenia Ferreira López, gañadora de tres medallas nos Campionatos de España de veteranos.
A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, presentou a Semana, acompañada de Eugenia Ferreira. Sío subliñou o labor das 18 asociacións de persoas maiores existentes na cidade. "Así, esta Semana pretende ser unha mostra das actividades que desenvolven, participando e colaborando no desenvolvemento da sociedade", afirmou.
Os actos da iniciativa inclúen as actuacións de 14 corais da terceira idade, un obradoiro de danza e percusión tradicionais, e unha exhibición ximnástica.
Martes 8 de abril
17:30 horas. Coral C. S. de Bouzas
18:00 horas. Coral C. S. Rivera Atienza
18:30 horas. Coral C. S. de Teis
Mércores 9 de abril
17:30 horas. Coral AS. Agarimo
18:00 horas. Coral Aula 3ª idade
18:30 horas. Coral do Fogar do Pensionista Pi i Margall
Xoves 10 de abril
17:30 horas. Coral Santa Clara
18:00 horas. Coral Polifónica "Helios" de Bembrive
18:30 horas. Coral da Asociación Española contra o Cancro
Venres 11 de abril
17:30 horas. Obradoiro de danza e percusión tradicional de persoas maiores acompañado polo grupo de gaitas da Escola Municipal de danza
18:00 horas. Grupo de baile tradicional galego "Andaina", A. VV. "As nosas rúas"
18:30 horas. Homenaxe ás maiores participantes no programa de deporte de maiores da Concellería de Benestar Social, cunha mención especial a Eugenia Ferreira, e demostración de ximnasia