Escoitar

O Concello subvenciona algunha actividade a todos os estudantes de infantil e primaria do ensino público

O Goberno local deu luz verde hoxe venres á adxudicación de 4.433 bolsas de come dor e de libros. Durante a rolda de prensa, o rexedor avanzou que, sumando ás axudas que se dan desde a Concellería de Educación, serán 3.813 alumnos os que reciben axudas para comer nos centros e 571 os bolseiros de libros.

venres, 21 set 2012
O Concello de Vigo adxudicou esta mañá 4.433 bolsas de comedor e libros, unha cantidade que ascende hasta 3.813 no caso dos beneficiados de axudas para comer nos centros, se sumamos as achegas procedentes da Concellería de Educación. Duranta a rolda de prensa, Caballero explicou que desde o Concello tamán se subvencionan as aulas matinais que usan 600 escolares e as actividades extraescolares que disfrutan 9.000 alumnos. En suma, dixo, "prácticamente todos os alumnos de infantil e primaria de centros públicos teñen algunha actividade subvencionada desde o Concello".

Na Xunta de Goberno desta mañá tamén se deu luz verde a outras 60 bolsas de inglés polo que se pode dicir que todos os alumnos do ensino público que solicitaron bolsa, a conseguiron. Neste senso, avanzou a intención do Goberno de aprobar en xaneiro unhas 100 novas prazas para centros concertados. Co obxectivo de que todos os estudantes de Vigo que solicitaran esta axuda, a obteñan.