A liña de autobús C1 será de balde mañá sábado en conmemoración da Semana Europea da Mobilidade
Abel Caballero anunciou que mañá sábado todos aqueles que utilicen a liña C1 de autobús o farán de balde, nun xesto para celebrar a Semana da Mobilidade Europea. E a primeira vez que se inclúe esta liña, unha das máis utilizadas, xunto coa C3. O percorrido é Praza América, Coruña, Torrecedeira, Reconquista, Policarpo Sanz, Colón, Urzáiz, Gran Vía, Praza España, Camelias e Praza América. Esta medida súmase a outras implementadas polo Concello en aspectos de accesibilidade ou potenciación do vehículo eléctrico .