Aberto o prazo de inscripción na Escola Municipal de Artes e Oficios para o curso 2012-2013
As persoas interesadas nos cursos que oferta de balde o Concello de Vigo poderán consultar toda a información necesaria sobre as actividades e programas da EMAO na web da Escola e poderán facer a súa pre-inscrición on-line. O prazo permanecerá aberto ata o 26 de setembro.
Un ano máis a Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) do Concello de Vigo realiza a súa oferta formativa á cidade. Ata o día 26 de setembro permanecerá aberto o prazo de pre-inscrición para os cursos de iniciación nas especialidades de Cerámica, Encadernación, Serigrafía, Construcción
tradicional de Gaita e Zanfona, Luthería antiga, Debuxo, Pintura, Escultura e talla en madeira,Ourivería, Moda e Confección, Encaixe de Palillos e Artesanía en Coiro.
As persoas interesadas poderán consultar toda a información necesaria sobre as actividades e programas da EMAO na web da Escola e poderán inscribirse sen necesidade de achegarse fisicamente ás súas oficinas, pois poderán facer a súa pre-inscrición on-line.
O curso 2012-2013 comezará o 2 de outubro coa programación habitual, despois da aprobación por parte da Xunta Rectora do Organismo Autónomo dunha modificación do Plano de Normalización Curricular, vixente dende o ano 2008, destinada a adaptar a programación ás limitacións na contratación do profesorado, consecuencia da aplicación das medidas de estabilidade presupostaria do Goberno central.
Para o curso 2012-2013 convócanse 182 novas prazas dos niveis de iniciación das distintas especialidades, que se sumarán ao alumnado procedente de cursos anteriores.