Caballero di que a aprendizaxe de idiomas é "o mellor legado" para o alumnado de Vigo
O alcalde asistiu este xoves ao aeroporto de Vigo para despedir a 102 alumnos vigueses de Secundaria que parten a Inglaterra para mellorar o idioma, cunha achega do Concello de Vigo. En total, Caballero agarda superar o medio centenar de beneficiarios dunha bolsa do Concello para estudos no estranxeiro.
Abel Caballero detallou que os 102 alumnos que partiron esta mañá cara a Londres únense aos que xa partiron o pasado sábado e o martes e á última tanda que partirá cara á capital británica dentro de sete días. Sumados aos 72 alumnos da Escola Oficial de Idiomas e aos previsiblemente 70 do ensino concertado que poderían partir no mes de xaneiro, o total de estudantes vigueses beneficiados polo programa de axudas do goberno local acadará os 520.
Descargar todas as imaxes