Escoitar

Unha sentenza xudicial avala a decisión municipal de paralizar as obras da nave do comercio do Porto

O Xuzgado Contencioso Administrativo número 1 de Vigo desestima o recurso interposto pola Autoridade Portuaria contra a decisión do Concello de paralizar as obras da nave de comercio ao carecer de autorización municipal. A sentenza, da que hoxe deu conta o alcalde, di textualmente que a competencia do Estado sobre puertos non pode xustificar a exención da licenza municipal.

venres, 21 set 2012
O Concello ven de recibir un aval á decisión que tomou en su momento de paralizar as obras da nave do Comercio do porto por carecer de autorización municipal. Unha sentenza xudicial desestima o recurso interposto pola Autoridade Portuaria contra a decisión do concello de incoar expediente de restauración da legalidade urbanística das obras exectutadas nesa nave e adoptando como medida cautelar a paralización.

Tal e como explicou esta tarde de venres o rexedor, os tribunais entenden que a competencia do Estado sobre portos non non pode xustificar a exención da licenza municipal.
A sentenza explica que a norma limítase a prever a posibilidade de que existan no ámbito físico do porto espazos destiñados ás actividades non estritamente portuarias, dependendo da súa existencia ou non, en primeiro logar, do que haxa previsto no Plan Especial do Porto.

O xuxgado contencioso número 1 de Vigo di que de acordo co artígo 198.1 da LOUGA, os actos relacionados no artigo 194 (entre eles a modificación da estrutura ou aspecto exterior das edificacións existentes e a modificación do uso dos mesmos) estarán suxeitos á licenza municipal. Trátase, dixo o rexedor en rolda de presna, do sétimo fallo xudicial que avala a actuación do Concello en controversias coa Autoridade Portuaria.


Por outra banda, e continuando con resolucións xudiciais, o mesmo xuzgado desestimou o recurso interposto por Ing, promotora do Centro Comercial Gran Vía, fronte ao Concello de Vigo. A empresa recurriu a desestimación do 3 de xuño de 2010, da concesión de licenzas de obras e actividades por silencio administrativo positivo. O fallo xudicial, avanzou o rexedor, di textualmente: non podía entenderse concedida ningunha das licenzas jpor silencio pois a documentación precisa non fora presentada de modo completo, non chegou a transcurrer o prazo de tres meses para que operase a ficción e a licenza de actividade -cuia concesión é previa á de obras- non podiá ser outorgada polo Concello sen previo dictamen autonómico sobre a inicidencia ambiental.

Trátase, incidiu, dunha nova decisión xudicial favorable aos intereses do Concello e referiuse a outro dos parágrafos da sentenza: como reiteradamente ven declarando o Tribunal Suupremo, a adquisición das licenzas por silencio require a concorrencia do transcurso dos prazos legais establecidos e de que a licenza solicitada sexa axustada ao planeamento (...). E un dos presupostos precisos estriba en que a solicitude teña sido acompañada da documentación completa. Non cabe duda de que, no presente caso, non aconteceu así.