Escoitar

Caballero encargará un proxecto de revalorización dos restos arqueolóxicos atopados en Celso Emilio Ferreiro

O alcalde de Vigo decretou este xoves a "paralización inmediata" e valado dos traballos de humanización en marcha na rúa Celso Emilio Ferreiro onde atópanse novos vestixios arqueolóxicos. Ante a relevancia dos restos descubertos nos últimos días, Caballero anunciou que encargará un proxecto para revalorizar este achado e a humanización continuará onde non afecte ao novo "patrimonio histórico e cultural" vigués.

xoves, 25 nov 2010
1290692041cef.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este xoves o encargo dun "proxecto de gran envergadura" para conservar e revalorizar os restos arqueolóxicos atopados durante os traballos de humanización de Celso Emilio Ferreiro.

Despois dos anteriores de semanas atrás, hoxe mesmo os arqueólogos municipais descubriron novos vestixios históricos considerados de interese, polo que Caballero decretou a "paralización inmediata" das obras e o valado da zona afectada -sita onde estaban as antigas chabolas, próximo á rúa Venezuela-.

O rexedor vigués amosouse "contento" por un novo achado que "enriquece o patrimonio cultural e histórico desta cidade" e avogou por "potencialo". Por outra banda, a parte de Celso Emilio Ferreiro non afectada polos vestixios continuará coa súa humanización.
Descargar todas as imaxes