Escoitar

Cambios de tráfico polas obras de Carral e Marqués de Valladares

mércores, 24 nov 2010
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor do risco de afundimento na rúa Marqués de Valladares e as obras de reparación de adoquinado, a realizar pola empresa UTE MOVEXVIAL CRESPO, estarán pechadas ao tráfico as rúas CARRAL (entre Cánovas del Castillo e Victoria) e MARQUES DE VALLADARES, con acceso exclusivo para garaxes, hoteles e taxis, dende o xoves 25 de novembro de 2010 e por un período aproximado de duas semanas.

Non se permitirá o acceso ao treito entre Carral e Reconquista da rúa Marqués de Valladares. Os desvíos, debidamente sinalizados, establécense polas rúas García Olloqui (en dobre sentido), Praza de Compostela (en dobre sentido) e Reconquista ou Colón. Mentres dure a obra, establécese dobre sentido (con conos ou similares) nas rúas García Olloqui e Compostela e, para garantir a saída do aparcamento soterrado de Porta do Sol e o acceso aos autorizados ao Casco Vello, establécese sentido único na rúa Carral, cara a rúa Victoria e dobre sentido (con preferenza), na rúa Victoria.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.

Máis información