Normalización Lingüística impulsa actividades nas áreas comerciais dirixidas ao público infantil para potenciar o galego
A concelleira de Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, anunciou este martes que os centros comerciais Gran Vía e A Laxe acollerán diversas actividades lúdicas dirixidas a rapaces e rapazas. Na presentación das iniciativas, a concelleira nacionalista destacou que a proposta ten o obxectivo de "contribuír á valorización do galego en espazos pouco habituais e fóra das aulas".
Iolanda Veloso explicou que o programa inclúe os obradoiros Libri Terraes e Camiño da Lingua, que xa se desenvolveron ao aire libre ao longo do verán. Son actividades baseadas en preguntas e respostas, completar frases ou escoller persoeiros para os seus propios libros, nas que poden participar cativos e cativas de 5 e 6 anos. A concelleira nacionalista destacou que se desenvolverán "xusto antes da época de Nadal" e ao seu xuízo son "unha boa aposta para xuntarse e divertirse coa nosa lingua".
Sinalou que o día 26 de novembro ás 18.30 horas, no centro comercial Gran Vía terá lugar o obradoiro Libri Terraes. O día 27 de novembro ás 17.30 horas A Laxe acollerá o Camiño da lingua. O 9 de decembro ás 18.30 horas este obradoiro será no centro comercial Gran Vía. Finalmente, o día 11 de decembro no centro comercial A Laxe ás 17.30 horas terá lugar Libri Terrae.
Outra proposta das que falou a concelleira de Normalización Lingüística é o espectáculo que ofrecerá o grupo Tanxarina. Este grupo actuará para toda a familia o día 3 de decembro ás 18.30 horas no centro comercial Gran Vía 8.30 co espectáculo Os Narigudos e o día 18 de decembro ás 17.30 estará no centro comercial A Laxe con Titiricircus.
Iolanda Veloso avanzou que durante a campaña de Nadal tamén está previso a organización doutras actividades en colaboración coas asociacións de comerciantes, tal e como xa se desenvolveron no mercado do Progreso. Finalmente, a concelleira nacionalista salientou a "boa disposición" das xerencias dos dous centros comerciais para acoller as actividades.
Descargar todas as imaxes