Escoitar
O alcalde, Abel Caballero, recolleu esta mañá en Madrid a distinción

Vigo recibiu unha Mención Especial de UNICEF dentro do programa "Cidades Amigas da Infancia"

A cidade olívica é a primeira urbe galega en obter o galardón, premiando a aplicación en Vigo da Convención sobre os Dereitos do Neno. O alcalde subliñou o esforzo na construción de garderías, nos novos parques infantís, no aumento das axudas de comedor e nas novas bolsas de inglés. A Concellería de Educación iniciou fai catro meses os trámites para optar á IV Convocatoria "Cidades Amigas da Infancia" 2010-2014 de UNICEF.

luns, 22 nov 2010
1290432769unicef.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recolleu esta mañá en Madrid a Mención Especial que UNICEF outorgou á cidade olívica na IV Convocatoria de Recoñecementos "Cidades Amigas da Infancia" 2010-2014, pola aplicación no municipio da Convención sobre os Dereitos do Neno.

O acto -presidido pola secretaria xeral de Política Social do Goberno de España- concedeu dentro deste apartado sendos recoñecementos a 20 municipios españois e dúas mencións especiais para Guillena, en Sevilla, e Vigo. A maior urbe de Galicia convértese así na primeira localidade galega en ser merecedora desta distinción.

A candidatura viguesa, iniciada fai catro meses pola Concellería de Educación, foi galardoada polo seu traballo transversal en favor da infancia, involucrando a todos os departamentos municipais, mediante actuacións que garanten a expresión da súa opinión sobre o municipio, a participación activa na súa familia e vida social, recibir os servizos básicos de saúde, protección e educación, gozar de lugares lúdicos de lecer e esparexemento, etcétera.

Abel Caballero subliñou o esforzo que está a realizar nos últimos anos o Concello de Vigo para incrementar o número de prazas de escolas infantís municipais, renovar e aumentar os parques de ocio para os máis pequenos, ampliar os bolsas de comedor para os nenos e nenas con menos recursos económicos e posibilitar á mocidade viguesa.

No tocante ao primeiro punto, o Concello de Vigo ten en obras tres novas garderías municipais que prácticamente duplicarán a oferta das catro escolas infantís que operan actualmente, e para 2011 está orzamentado a creación doutras catro máis. No tocante aos parques infantís, no mandato presente son máis de 100 os que foron reformados e creados.

O goberno local está a conceder todas as axudas para comedor solicitadas para atender esta demanda, o que supuxo duplicar o orzamento en dous anos. O programa de inglés, creado en 2008, xa levou de balde a case 500 escolares vigueses e viguesas de secundaria a estudar en inglés no Reino Unido durante tres semanas. Xunto ás estadías no estranxeiro, esta iniciativa inclúe diversas actividades para aprender inglés na cidade viguesa, dentro e fóra das aulas.
1290432769unicef.jpg
1290442722unicef.JPG
Descargar todas as imaxes