venres, 26 novembro 2010

Caballero asegura que "existen bases moi sólidas para que a Área Metropolitana de Vigo vexa definitivamente luz verde"

O alcalde de Vigo amosou este venres a súa "vontade política absoluta" para consensuar coa Xunta de Galicia e cos concellos implicados o texto da futura Área Metropolitana de Vigo. Tras a presentación do proxecto autonómico, Caballero asegurou que "estamos na senda" para acadala xa que existen un "senfin de coincidencias" entre a súa proposta e a da Xunta de Galicia. O rexedor contactará co resto de municipios para intentar chegar a "acordos".

O Concello trasladará o viveiro de árbores de O Castro para construir un parque biosaudable

venres, 26 nov 2010

Abel Caballero informou este venres da aprobación polo goberno local deste proxecto, que prevé abrir o actual viveiro de árbores para o uso cidadá con xogos biosaudables. A Xunta de Goberno Local tamén deu luz verde ás humanizacións do entorno de Toural e Ríos e da parte habitada de Julián Estévez, máis de 1,1 millóns de euros en melloras que se iniciarán en breve.

Santi Domínguez salienta que "Unha pinacoteca para Galicia" é unha "gran exposición" que "vai sorprender" a quen a visite

venres, 26 nov 2010

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, destacou este venres que a mostra "Quiñones de León: unha nova pinacoteca para Galicia", que se poderá visitar na Casa das Artes desde hoxe e ata o 13 de febreiro, é o primeiro paso para dotar a Vigo dun espazo axeitado para amosar "os grandes tesouros que estaban no Museo de Castrelos e que forman parte da colección munical de arte galega. O nacionalista salientou que é "unha gran exposición" que "vai sorprender" ás persoas que se acheguen a contemplala.

O alcalde define o novo centro de día de Coia como o "froito ca cooperación entre o Concello e a Xunta de Galicia"

venres, 26 nov 2010

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, inauguraron este venres o novo centro de día de Coia, na rúa O Grove. O rexedor vigués amosou a súa "satisfacción" pola posta en marcha dunha dotación que atenderá a unhas 70 persoas e que iniciouse coa cesión do solo por parte do Concello á daquela Vicepresidencia da Xunta de Galicia.

Medioambiente organiza obradoiros de reciclaxe gratuitos para inculcar a biodiversidade nos máis pequenos

venres, 26 nov 2010

"Faino tí mesmo" procura sensibilizar aos nenos do agotamento dos recursos naturais e da importancia do consumo responsable. Ata 800 rapaces, previa inscripción no 010, poderán participar nas actividades que organiza a Concellería de Medioambiente. Un total de 20 profesionais traballarán nesta iniciativa, que desenvolverase en VigoZoo os días 11, 12, 18 e 19 de decembro

O Auditorio Municipal propón música e teatro de monicreques para este fin de semana con Renato Spencer e Telón de Azúcar

venres, 26 nov 2010

A programación estable de artes escénicas da Concellería de Cultura continúa este fin de semana co concerto que Renato Spencer ofrecerá mañá ás 20.30 horas e o teatro de monicreques que o domingo interpretará a compañía Telón de Azúcar ás 18.30 horas. O programa completo pódese consultar en www.vigocultura.org e as entradas pódense mercar na web www.laboleteria.es ou na propia taquilla unha hora antes do comezo das actuacións.