O alcalde garante todos os recursos para arranxar a rúa Marqués de Valladares, que presenta risco de afundimento
A céntrica rúa foi restaurada en 2006 pero xa presenta un afundimento "preocupante" nalgunhas zonas do pavimento e os técnicos municipais atoparon un buraco duns 20 metros de profundidade que obrigou a cortar Marqués de Valladares alomenos dúas semanas. "A humanización desta rúa foi extremadamente defectuosa", asegurou Caballero, pois non se renovaron as canalizacións soterradas, que datan de 1920, segundo estiman os técnicos.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, garantiu este xoves que "non imos escatimar nin recursos humanos nin materiais nin orzamento" para arranxar o "serio" risco de afundimento que presenta na actualidade a rúa Marqués de Valladares.
Explicou Caballero que os técnicos apreciaron "deficiencias" no nivel do pavimento, que descubríronse "sustanciais" e "en varias zonas da rúa" nos últimos días. Polo risco de afundimento da mesma, o Concello a cortou alomenos dúas semanas para acometer a reforma ainda que "non sabemos o que vai aparecer debaixo", polo que o alcalde mostrouse prudente cos prazos e o custo dos traballos.
Os técnicos municipais estiman que, baixo a superficie, atópase un buraco duns 20 metros de extensión, causa das baixadas no nivel do pavimento que fai da rúa un vial "perigoso" para o tráfico rodado. Caballero explicou que os responsables do Concello non descartan descobrir novos vacios soterrados e confirmaron que na humanización realizada en 2006 non se acometeu reformas no subsolo.
"A humanización desta rúa foi extremadamente defectuosa", aseverou Caballero, ao realizarse fai poucos anos sen mellorar as redes soterradas. Naquela reforma "se mantivo o anterior" baixo terra, conduccións en pedra oca por enriba que datan, segundo as estimacións técnicas, do ano 1920.
Abel Caballero recordou que as humanizacións que está a realizar o Concello neste mandato inclúen tanto o embelecemento da superficie como a renovación integral das canalizacións soterradas, o abastecemento, o saneamento e as pluviais.
Descargar todas as imaxes