Escoitar

Xabier Alonso anuncia que o XII Trofeo Cidade de Vigo de Kárate contará mañá coa participación da selección galega

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, presentou este venres o XII Trofeo Cidade de Vigo de Kárate que se celebra mañá sábado 20 de novembro, no polideportivo de Bouzas, a partir das 17.30 horas. Na presentación, na que tamén participou o responsable do clube A.D. Zanshin, Fernando Álvarez, o concelleiro nacionalista destacou que a selección galega será un dos equipos participantes nesta cita deportiva.

venres, 19 nov 2010
1290175201Karate.JPG
Xabier Alonso agradeceu o esforzo e traballo ao clube vigués "para que todos os anos se celebre o Trofeo Cidade de Vigo de Karate". O concelleiro de Deportes destacou que este ano a competición presenta a novidade de contar cun equipo mixto de rapaces e rapazas en distintas categorías. Neste sentido, Fernando Álvarez expresou a súa satisfacción por ter acadado este logro .

O responsable do clube A.D. Zanshin, asegurou que a convocatoria deste ano contará con "bos clubes, bo nivel e bos árbitros", entre os que figuran dous árbitros internacionais. Explicou que ademais do Zanshin e da selección galega participarán un club portugués, outro de Asturias e outro de Ferrol, sumando en total 85 participantes.
Descargar todas as imaxes