Escoitar

O pleno xuvenil abordou hoxe un intenso debate sobre as vantaxes e riscos das redes sociais

O salón de plenos do Concello de Vigo acolleu este xoves a décima segunda edición do pleno xuvenil, no que participaron alumnos e alumnas de primeiro de Bacharelato do IES Politécnico, IES Teis, IES Rosais 2, e Salesianos. Tras as palabras de benvida do alcalde da cidade, o tenente de alcalde e a concelleira de Benestar Social, procedeuse ao desenvolvemento do acto, co que se quere garantir a participación efectiva dos máis novos e novas na vida do municipio como cidadáns e cidadás de pleno dereito.

xoves, 18 nov 2010
1290088165Pleno.JPG
Organizado pola Concellería de Benestar Social, e concretamente dende a área de infancia e familia, no pleno xuvenil os participantes abordaron a complexidade das redes sociais, as súas vantaxes e riscos, así como as causas que propiciaron a súa creación. Este tema foi elixido dada a preocupación de profesorado, nais e pais ao respecto, ao considerarse que nel toda a cidadanía está directamente implicada, polo que as conclusións do debate serán transmitidas ao conxunto da corporación.

Tras a explicación do procedemento do pleno, a cargo do xefe de protocolo do Concello de Vigo, Avelino San Luis, tomou a palabra o alumno que exerceu de alcalde substituto en funcións, Natham Comesaña, que deu lectura á acta da sesión anterior para a súa aprobación. Posteriormente tivo lugar a elección do novo alcalde, que resultou ser Pelayo de la Riera, do IES Rosais 2.
Descargar todas as imaxes