Escoitar

O alcalde animou a difundir a capacidade en I+D+i de Vigo, que conta con investigadores "de primeiro rango mundial"

Abel Caballero visitou este mércores o Centro Tecnolóxico Gradiant, na Facultade de Telecomunicacións viguesa, para coñecer o seu proxecto "moi avanzado" vencellado ao coche eléctrico e as demostracións realizadas a alumnos de distintos colexios de Vigo sobre sistemas de información vía Google Earth. O rexedor eloxiou a capacidade investigadora viguesa no campo das telecomunicacións e avogou pola "difusión" da capacidade viguesa no I+D+i.

mércores, 17 nov 2010
1290001309gradiant.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este mércores o Centro Tecnolóxico Gradiant, sito na Facultade de Telecomunicacións, e eloxiou a capacidade viguesa no I+D+i, campo no que a cidade olívica conta con investigadores "de primeiro rango mundial".

"Temos equipos de I+D no ámbito das telecomunicacións de primeiro rango mundial, temos transmisión a empresas para a constitución de procedimientos incorporados ás empresas que son tamén do top do mundo", apuntou Caballero, polo que "debemos facer unha laboura de difusión da capacidade de I+D+i que temos no ámbito das telecomunicacións".

Abel Caballero indicou que Gradiant, asociación de I+D nacida fai tres anos, reúne a 45 investigadores de élite no campo das Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC). Esta entidade presentoulle ao rexedor os seus "procesos moi avanzados" para ser empregados polo vehículo eléctrico.

O alcalde asegurou que mantivo un diálogo cos responsables de Gradiant para incorporalos á iniciativa viguesa de converterse en cidade piloto do automóbil eléctrico, no ámbito das medicións, das cargas e das descargas de enerxía particularmente.

Gradiant presentou ao primeiro edil vigués de "sistemas tactís de información a través de Google Earth", para o que están a visitar distintos centros educativos vigueses, ronda que fai posible que os alumnos e alumnas da comarca tomen contacto cos grandes investigadores do territorio.
Descargar todas as imaxes