Máis de cen municipios españois participaron en Vigo na Asamblea da Rede de Cidades polo Clima
O alcalde e presidente da Rede, Abel Caballero, subliñou a "consistente" participación rexistrada, a máis elevada das celebradas ata o momento. O Concello de Vigo presentou as súas liñas estratéxicas para converterse en cidade piloto do automóbil eléctrico, tanto na construción como no seu uso. O modelo vigués abrangue da fabricación ás vantaxes fiscais, a ordenanza municipal e as empresas de instalación e distribuidoras de enerxía eléctrica
O alcalde de Vigo e presidente da Rede Española de Cidades polo Clima, Abel Caballero, asegurou na tarde de onte martes que máis de cen municipios españois participaron o luns e o martes na VI Asamblea da entidade, que tivo lugar no Pazo Hotel Os Escudos de Vigo.
Segundo explicou, a "consistente" presenza municipal sitúa á de Vigo como a asamblea da Rede con maior participación ata o momento. En paralelo, a urbe olívica acolleu a xornada "O vehículo eléctrico nos municipios españois" -que espertou un "extraordinario interese"-, na que distintos responsables da Oficina Española de Cambio Climático, do Ministerio de Industria, do IDAE e de Rede Eléctrica Española expuxeron a perspectiva estatal, mentres que cargos de Xixón, Málaga, Sevilla, Barcelona e Vigo presentaron as experiencias locais ao respecto.
Caballero indicou que os concellos, tras as dúas xornadas, adoptan unha "posición firme" sobre a mobilidade eléctrica e impulsan unha "aposta decidida" polas baixas emisións. As urbes españolas realizaron valoracións "positivas" sobre o custo por quilómetro do eléctrico sobre o coche tradicional -unha cuarta parte- ou da redución de ruidos que supón.
O alcalde vigués aseverou que o evento celebrado deixa a "convicción" nos presentes de dar facilidades ao uso do vehículo sostible, vantaxes tanto fiscais como de estacionamento ou do uso de carrís semipeonís. As localidades tamén avogan por que as pequenas reparacións a efectuar no centro das cidades que precisen de transporte sexan realizados "prácticamente a concesión exclusiva" por automóbiles industriais eléctricos.
Asemade, Abel Caballero defendeu "dar o máximo de facilidades á creación de empresas que establezan a distribución e a xestión da carga dos automóbiles eléctricos e despois facer que os aparcamentos públicos ou privados en concesión teñan xa todas as características de carga".
O rexedor vigués apuntou que a Asamblea celebrada na cidade consolida "un primer paso de xigante" dos municipios para a implantanción efectiva do coche eléctrico. Caballero constatou o interese sobre a experiencia de Vigo na cuestión, que é seguida mediante a Rede Española de Cidades polo Clima. Vigo, a través desta entidade, será a encargada de elaborar unha ordenanza municipal piloto que regule o uso deste vehículo xunto co IDAE e coa propia Rede.
O modelo vigués de coche eléctrico tamén vai ser exposto nunha reunión de alcaldes a nivel mundial a celebrar en México, así como as conclusións extraídas das dúas xornadas de mobilidade sostible que acaban de rematar en Vigo.
Modelo Vigo
Abel Caballero recordou igualmente que a xornada acolleu a explicación do proxecto vigués para converterse en cidade piloto do coche eléctrico, un proceso que pasa pola fabricación deste, pola industria de compoñentes, a factoría de baterías, a ordenanza municipais, as facilidades fiscais e as empresas subministradoras de enerxía eléctrica e de instalación de puntos de carga, coordinados desde o Concello de Vigo.
A experiencia viguesa tivo na participación do Concello e da factoría de PSA Peugeot Citroën as dúas principais bases. O concelleiro de Xestión Municipal, Carlos López Font, expuxo a estratexia olívica de promoción do vehículo eléctrico e o director da planta de Vigo, Pierre Ianni, abordou o presente e o futuro no desenvolvemento destes automóbiles, tras unha visita ás instalacións da fábrica de Balaídos.
Descargar todas as imaxes