martes, 16 novembro 2010

Vigo rexeita o "desproporcionado" reparto aéreo da Xunta, que plantexa seis conexións desde Santiago e dúas para Peinador

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acudíu este martes á reunión do Comité de Rutas Aéreas de Galicia, encontro no que a Xunta de Galicia propuxo subvencionar seis conexións desde Lavacolla, dous desde Alvedro e dous desde Peinador. Caballero tachou a proposta de "absolutamente desproporcionada" e denunciou que non existe equilibrio económico entre os tres aeroportos galegos.

A Concellería de Educación garante para esta semana o traslado do conserxe do colexio Virxe do Rocío

martes, 16 nov 2010

A concelleira de Educación, Laura López Atrio, explicou este martes o acordo alcanzado co conserxe do centro educativo para o seu traslado de residencia, facilitando así o espazo para a construcción do novo colexio. Así o informou a edil socialista aos pais e nais do Virxe do Rocio, vía escrita e oral, e asegurou que a negociación para o traslado iniciouse en verán e seguíu as indicacións dos asesores xurídicos municipais para respectar a legalidade.

Santi Domínguez anuncia que o Pazo de Congresos e Ahosvi entran no Convention Bureau, que supera xa os 70 socios

martes, 16 nov 2010

O tenente de alcalde e presidente do comité executivo da Fundación Vigo Convention Bureau, Santi Domínguez, salientou este martes a "boa saúde" coa que conta este organismo, ao ter acadado en nove meses os 70 socios colaboradores, obxectivo que tiña marcado para os tres vindeiros anos. O nacionalista anunciou a incorporación da Asociación de Hosteleiros de Vigo (Ahosvi) e da empresa encargada da xestión do Pazo de Congresos (Congrevigo) ao Padroado do Convention Bureau e o peche dun orzamento de 187.000 euros para 2011.

Eudosio Álvarez anuncia que o programa de rehabilitación de vivendas inclúe 80 novas actuacións no Casco Vello e Bouzas

martes, 16 nov 2010

O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, presentou este martes a nova fase do programa municipal de axudas á rehabilitación de vivendas no Casco Vello e Bouzas, que afondan na recuperación dos barrios e na dinamización do sector. O nacionalista destacou que serán un total de 80 actuacións, 58 no Casco Vello e 22 en Bouzas, cun orzamento global de execución 3.225.000 euros dos que 1.800.000 están protexidos, pese a que segundo criticou o concelleiro nacionalista a Xunta aínda non fixo pública a súa convocatoria de axudas.

O alcalde recibiu ao novo director do Auditorio de Beiramar, o galego Daniel Miranda

martes, 16 nov 2010

Abel Caballero entrevistouse na tarde de onte luns co novo director do Auditorio Pazo de Congresos de Beiramar, o galego Daniel Miranda, e coa presidenta de Congrevigo, Ascensión Durán, empresa encargada da xestión desta dotación. Os prazos da obra prevén á súa finalización este ano, tras o que a concesionaria habilitará o espazo para abrilo ao público cunhas xornadas de portas abertas para a cidadanía.