Escoitar

Abel Caballero rubrica a renovación do convenio municipal coas tres principais centrais sindicais

O alcalde de Vigo asinou este mércores cos secretarios xerais comarcais de UGT, CC.OO. e CIG o convenio de colaboración entre estas e o Concello de Vigo -a través da Concellería de Participación Cidadá que dirixe o socialista Santos Héctor. A aportación municipal en 2010 conxelouse, polo que o goberno local mantén a súa achega de 14.400 euros a cada unha para actividades de información e formación cidadá.

mércores, 17 nov 2010
1290001272sindicatos.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e os secretarios xerais comarcais dos tres principais sindicatos -UGT, CC.OO. e CIG- asinaron este mércores o convenio de colaboración entre as partes para a organización de actividades de información e formación para a cidadanía.

Explicou Caballero que o tradicional acordo rubricado esta mañá conxela a aportación municipal ás tres centrais sindicais, que mantense en 14.400 euros para cada unha, achega procedente da Concellería de Participación Cidadá que dirixe o socialista Santos Héctor.

Segundo estipula o texto, os sindicatos e o Concello de Vigo colaborarán na xestión dunha oficina de información en cada sede aberta a toda a cidadanía e na posta en marcha de distintas xornadas relativas ao ámbito económico, laboral, social ou cultural.
Descargar todas as imaxes