O alcalde iniciará con ProVigo unha rolda de contactos para definir o "enfoque" da cidade sobre as rutas de Peinador
Abel Caballero asegurou este xoves que iniciará co Comité Permanente de ProVigo -o próximo martes- unha rolda de contactos coas "forzas sociais e económicas" da cidade para estudar o "enfoque" que adopta Vigo ante a "grave situación" das conexión aéreas do aeroporto. O alcalde afirmou que este é un "problema cidade" polo que buscará a opinión de todos para tomar decisións ante o "agravio" da Xunta de Galicia a Vigo, que propón seis voos para Santiago e dous para a cidade olívica.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reunirá o próximo martes ao Comité Permanente da Fundación ProVigo para estudar a situación dos voos de Peinador, reunión coa que dará comezo a unha rolda de contactos coas "forzas sociais e económicas" da cidade.
Os presidentes de Caixanova, a Cámara de Comercio e a Confederación de Empresarios de Pontevedra -integrantes do Comité Permanente- abrirán as conversas co obxectivo de definir o "enfoque" da cidade ante o "agravio" e a "grave situación" creada pola proposta da Xunta de Galicia no Comité de Rutas Aéreas de Galicia, na que o goberno de Núñez Feijóo propuxo subvencionar seis voos desde Santiago e dous desde Vigo.
Con esta idea, Abel Caballero busca recabar a opinión da cidade sobre a cuestión ao tratarse dun "problema cidade" e, unha vez concluídos os contactos, tomar decisións. O alcalde reiterou estar "disposto a dialogar" coa Xunta de Galicia e permanece "coa man tendida" para retomar as conversas co goberno autonómico. "Estou disposto a seguir falando", concluiu Caballero.
O rexedor vigués recordou que na reunión do Comité de Rutas, celebrada o pasado martes en Santiago, tanto Vigo como A Coruña estiveron en desacordo coa proposta autonómica, que tampouco conseguiu o respaldo do Presidente do Comité Técnico de Rutas nin do director de Aeroportos Españois e Navegación Aérea (AENA).
Caballero reiterou que as duas principais urbes galegas solicitaron o reparto equitativo dos fondos económicos destinados pola Xunta de Galicia á subvención de voos para Galicia -unha cantidade total de tres millóns de euros-, e indicou que, co millón de euros que lle correspondería a Peinador, sería posible ter para Vigo a conexión con Londres, ademais de Bruxelas e Sevilla.
Descargar todas as imaxes