Escoitar

Peche ao tráfico de Carral e Marqués de Valladares

martes, 23 nov 2010
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de reparación de adoquinado estarán pechadas ao tráfico as rúas CARRAL e MARQUES DE VALLADARES, con acceso exclusivo para garaxes, hoteles e taxis, dende o xoves 25 de novembro de 2010 e por un período aproximado de dúas semanas.

Os desvíos, debidamente sinalizados, establécense polas rúas García Olloqui (en dobre sentido), Praza de Compostela (en dobre sentido) e Reconquista ou Colón. Mentres dure a obra, establécese dobre sentido nas rúas García Olloqui e Compostela e, para garantir o acceso á rúa Marqués de Valladares (entre Fermín Penzol e Reconquista) e os autorizados ao Casco Vello, establécese sentido único, cara a Carral, na rúa Victoria.


Ademais mañá mércores, 24 de novembro, se procederá ao asfaltado de Pi y Margall, entre as rúas Chile e López Mora, recuperándose o tráfico a partires das 19-20 horas.

Desde o departamento de Mobilidade, Transporte e Seguridade solicítase a máxima colaboración cidadá.

Máis información