Caballero garante aos traballadores de limpeza dos colexios públicos que a nova empresa cumprirá coas condicións laborais conveniadas
O alcalde de Vigo entrevistouse este martes co Comité de Empresa dos traballadores de limpeza dos colexios públicos de Vigo, reunión na que trasladáronlle a Caballero a súa inquedanza ante o novo concurso convocado. O rexidor municipal garantiu que a nova empresa asumirá aos actuais empregados -preto de 100 persoas- e respectará as condicións laborais recollidas no seu convenio.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, garantiu hoxe martes aos traballadores de limpeza dos colexios públicos de Vigo -sobre un centenar, na súa maioría mulleres- que as condicións laborais recollidas no convenio sectorial serán cumpridas pola nova empresa adxudicataria do servizo.
"Non haberá ningunha diminución dos dereitos laborais dos traballadores contratados nos concursos que saca o Concello", aseverou Caballero, quen indicou que o Concello está "moi satisfeito" co traballo que veñen desempeñando estes profesionais nos centros escolares vigueses.
O socialista recibíu ao Comité de Empresa tras solicitar o colectivo unha entrevista para expor as súas inquedanzas sobre o concurso público convocado polo Concello para cubrir este servizo. Abel Caballero garantiu que, como en todas as convocatorias municipais, a adxudicataria asumirá aos traballadores actuais e cumprirá coas condicións laborais que contempla o convenio.
Descargar todas as imaxes