Escoitar

Tráfico modifica temporalmente o carril bus en López Mora e Pi i Margall e restrinxe a circulación de vehículos

Por mor os traballos de humanización en ambas rúas, o departamento de Mobilidade temporalmente modificará desde este xoves, 9 de setembro, a circulación do transporte privado e colectivo. Entre outros cambios, Pi i Margall verá suprimido o carril bus entre Llorente e López Mora por dous meses e, por un prazo de dúas semanas, López Mora suprime o carril bus taxi en dirección ao centro da cidade.

martes, 7 set 2010
A Concellería de Mobilidade e Transporte modificará temporalmente desde este xoves o transporte privado e colectivo nas rúas López Mora e Pi i Margall, por mor dos traballos de humanización que execútanse actualmente en ambos viais.

Pi i Margall, no tramo comprendido entre Llorente e López Mora, quedará cun único carril cara a López Mora, polo que se suprime o carril bus cara o centro. Por un prazo estimado de dous mees, o itinerario do bus urbano quedará establecido por Tomás Alonso, A Paz, Torrecedeira e Llorente. Entre o Paseo de Alfonso XII e Llorente o tráfico permanecerá de dobre sentido.

En López Mora, e por un prazo aproximado de dúas semanas, disporase sentido único cara a Praza de América para residentes, bus urbano e servizos entre Pi i Margall e a rúa Ourense. Neste tramo a circulación estará regulada por bloqueo para o tráfico excluiso do autobus urbano cara o centro, que desviarase por Tomás Alonso.

Entre Pintor José Frau e Pintor Lugrís, tamén en López Mora, o tráfico quedará con sentido único cara a Praza de América, polo que se suprime o carril bus en dirección centro, desviándose o itinerario do autobús urbano cara o centro pola rúa Pintor José Frau.

O transporte escolar e taxis soamente poderán circular en sentido cara a Praza de América polas rúas Pi i Margall e López Mora.

Máis información