O concelleiro de Deportes felicita a Chano Rodríguez polos seus éxitos no Mundial de Natación de Holanda
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, recibiu hoxe no seu despacho a Sebastián Rodríguez, "Chano", polos seus éxitos nos Mundiais de Natación de Eindhoven (Holanda). O concelleiro nacionalista felicitou a Chano "polos seus resultados en Holanda" e animouno a seguir por este camiño en Londres 2012. "Irás a Londres, non si?", bromeou o concelleiro con Chano.
O nacionalista departiu durante vinte minutos co nadador e confesoulle que para el é un "caso único" polos magníficos resultados que fai á súa idade, cando precisamente a idade adoita ser xuíz de todo deportista de elite.
Chano, que estivo acompañado por Héctor Vilariño, presidente do club Galaico Sercoysa, ao que pertence desde 2006, e por Álvaro Reiriz, director técnico do club, asegurou que o seu caso débese a que "cheguei tarde á natación (1994) e aínda puiden mellorar", pero fundamentalmente a que "estou moi ben dirixido". Para el, o corpo técnico foi decisivo, recoñecendo ademais o traballo do fisioterapeuta Suso Santomé. "A verdade é que non esperabamos o resultado nos 50 metros", dixo o nadador vigués, pero a marca confirma as súas condicións para presentar batalla polas medallas nos Xogos de Londres.
Chano explicou ao concelleiro que se leva "moi ben" co brasileiro Daniel Dias, de 22 anos, o seu gran rival en Holanda e tamén para Londres. De vacacións ata o día 13, en próximas datas Chano estuda ir concentrado coa selección a Granada.
Descargar todas as imaxes