Escoitar
A Xunta de Goberno aproba o proxecto de Ordenanza municipal reguladora da convivencia cidadá e o ocio no termo municipal de Vigo

Tráfico asina con Zona Franca o convenio que ordena a circulación no parque empresarial de Balaídos

O concelleiro de Seguridade, Transporte e Mobilidade, Xulio Calviño, e o Secretario Xeral do Consorcio, Santiago López, explicaron este martes o contido do acordo polo que se resolve o "vello problema" do tráfico na zona. Agora, os vixiantes poderán emitir denuncias voluntarias que serán validadas pola Policía Local, o que ven garantir a circulación e o funcionamento axeitado do tráfico de mercadorías das naves empresariais.

martes, 16 dec 2008
1229436537convenio.jpg
O concelleiro de Seguridade, Transporte e Mobilidade, Xulio Calviño, e o secretario Xeral do Consorcio da Zona Franca de Vigo, Santiago López, explicaron este martes o contido do convenio asinado entre as partes para ordenar a circulación dos viais interiores do Parque Empresarial de Balaídos, resolvendo así o "vello problema" do tráfico no entorno, indicou Calviño.

Tras o acordo, a vixilancia do Consorcio poderá emitir denuncias voluntarias contra os infractores do tráfico, sancións que serán validadas pola Policía Local. Con esta acción "conxunta e coordinada", indicou o edil, os vixiantes emitirán a denuncia e a documentarán cunha fotografía, ademais de cumprimentala co seu nome e D.N.I. para que poida ser efectiva.

Xulio Calviño destacou que se resolve así un problema que levaba "moitos anos sen solución" e que incluso impedía en ocasións a circulación dos camións do parque empresarial, vital para o funcionamento das compañías. O novo procedemento, que entrará en vigor "de inmediato", contempla a posibilidade de uso do guindastre, nos casos de gravidade.

Santiago López, pola súa banda, agradeceu a Xulio Calviño o seu "esforzo e interese" na resolución dun problema de "importancia" para o funcionamento das factorías e do vial, un acordo que se adopta por primeira vez.

Por outra banda, o concelleiro de Seguridad informou sobre o proxecto de Ordenanza municipal reguladora da convivencia cidadá e o ocio no termo municipal de Vigo ( documento que se adxunta como recurso da noticia).
Descargar todas as imaxes

Máis información