Conferencia sobre nutrición e hábitos alimentarios
O nutricionista Juan Martínez ofrecerá o martes, 16 de decembro, ás 20:00h no auditorio do edificio municipal do Areal un relatorio sobre nutrición e hábitos alimenticios, unha actividade -aberta e gratuita ao público- que culmina a edición de 2008 do Plan Saúde, posto en marcha pola Concellería de Sanidade e Consumo do Concello de Vigo.
O acto contará coa presenza do alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen, acompañado polo concelleiro delegado de Sanidade, Santos Héctor, fará balance das actividades do Plan Saúde deste ano e presentará as iniciativas da próxima edición de 2009.
Algunhas das accións realizadas no 2008 dentro do Plan Saúde son o programa de actividades físicas saudables -desenvolvidas en nove asociacións de veciños-, camiñatas polo entorno de O Castro e Castrelos, e a supervisión dun técnico dos espazos biosaudables para maiores en Castelao e Areal, entre outras.
Resumo do relatorio
Paradoxalmente, as últimas investigacións sobre alimentación indúcennos a comer de xeito similar a como xa o faciamos fai miles de anos.
É a este tipo de alimentación á que nos adaptamos mellor, a que máis nos protexe fronte ás enfermidades e a que nos proporciona unha mellor calidade de vida. Recentes investigacións de prestixiosas universidades como Harvard así o testemuñan. Desgraciadamente, coa industrialización, a mesma tecnoloxía que nos mostra esta evidencia nútrenos de alimentos cada vez máis procesados e empobrecidos.
Información biográfica
Juan Martínez, osteópata, titulado en Fisioterapia e Técnico Superior en Dietética e Nutrición, é o actual fisioterapeuta do Real Clube Celta de Vigo S.A.D. e conta cunha dilatada experiencia profesional en deporte de alto nivel. Máster en alto rendimento deportivo, Martínez traballou co
Celta de fútbol sala, con Santi Pérez e Juan Zunzunegui -diplomas olímpicos en Atenas 2004-, e con Mikel Odriozola -campión de España en 50 km marcha-, entre outros.
Martínez posúe asemade formación e experiencia profesional nos campos da nutrición e das terapias manuais, ademais de ser especialista en medicina natural.
Descargar todas as imaxes