Escoitar

Abel Caballero desvela a data de venda das 5.000 reservas para o concerto de The Black Keys, con “vantaxes para a xente de Vigo”

As reservas para gozar do directo do grupo estadounidense dende a platea do Auditorio de Castrelos poderán adquirirse o vindeiro martes 15 de xullo, tanto de forma presencial como online.

martes, 8 xul 2025

O alcalde deu a coñecer hoxe os datos para adquirir as reservas de entradas para a platea no concerto que dará The Black Keys na cidade, o luns 21 de xullo ás 22:00 horas. As reservas terán un custo de 15 euros.

O alcalde informou que a venda terá lugar o vindeiro martes, 15 de xullo, seguindo o habitual sistema posto en marcha polo Concello de Vigo. Deste xeito, prioriza a venda presencial, xa que, como explicou Caballero, “os concertos págaos Vigo, polo que quero darlle vantaxes á xente de Vigo”, e pola contra, “se sacamos todo de xeito telemático poden mercalas dende cidades a 500 ou 1000 quilómetros” de distancia. Poderanse adquirir un total de 5.000 localidades para a platea do auditorio ao aire libre, 4.000 de xeito presencial no auditorio de Castrelos e 1.000 en liña.

Para facilitar o acceso de toda a cidadanía, independentemente do seu horario laboral, as entradas sairán en dúas quendas (en horario de mañá de 9:00 a 14:00 horas e pola tarde de 16:00 a 21:00 horas), nas que en cada unha estarán á venda 2000 reservas físicas e 500 de xeito online. Cada persoa poderá retirar 4 reservas nominativas, co que terán que acudir cunha copia do DNI (ou outro documento identificativo) das persoas para as que queira adquirir a reserva, “de tal modo que as reservas están evitadas”.

Reservas Ana Belén

Esta mañá comezou a venda das 2200 reservas para o primeiro dos concertos do “Vigo en Festas 2025”. Abel Caballero indicou que na sesión vespertina “vendéronse practicamente todas as que se ofertaban”. Ás 16:00 horas comeza a segunda quenda para poder ver á artista madrileña o sábado 12 de xullo.

 

Descargar todas as imaxes