Aberto o prazo de instancias para a segunda fase da OPE 2020-2021-2022
O BOE publica o prazo de presentación de instancias para 91 prazas de emprego público no Concello de Vigo. As persoas interesadas en participar no proceso terán 20 días a partir deste martes para inscribirse.

Abel Caballero deu conta da publicación no Boletín Oficial del Estado do prazo de presentación de instancias para a segunda fase da OPE 2020-2021-2022 que inclúe 91 prazas de emprego público no Concello de Vigo.
As prazas correspóndense coas seguintes categorías:
- 14 administrativos
- 17 auxiliares administrativos
- 6 técnicos de administración xeral
- 1 técnico de xestión
- 8 subalternos
- 2 sarxentos de incendios
- 4 cabos extinción de incendios
- 4 diplomados traballo social
- 20 prazas de oficiais para distintos ámbitos
- 10 axudantes de oficios
O alcalde considera que “é unha oferta para seguir prestando o mellor servizo á cidade”. As persoas interesadas en participar no proceso teñen 20 días naturais a partir de mañá para facer a súa inscrición.