Escoitar
Anuncio Mobilidade e Seguridade

Prohibición de aparcamento nas rúas Gran Vía, Uruguai, Colón e María Berdiales

venres, 18 feb 2005
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor do establecemento dunha zona reservada para o aparcamento de vehículos de dúas rodas na rúa Manuel Núñez, non se autoriza o aparcamento deste tipo de vehículos nas beirarúas da zona comprendida entre a Gran Vía, Uruguai, Colón e María Berdiales, dende o venres 18 de febreiro de 2005 ás 10.00 horas.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.