Escoitar

Actividades de Normalización lingüística

venres, 17 out 2014
1413540376acasadoabo.jpg
- Títeres "A casa do avó"
O domingo 19 de outubro na sala de exposicións temporais do Verbum (avda. de Samil, 17). Duración: 50 minutos
Hora:12:00. A entrada do Verbum abrirase ás 11:45
Prazas limitadas ata completar aforo. Para público familiar
Técnica empregada: siluetas animadas e actores

Sipnose:
Un neno reciba a noticia de que o seu avó vai quedar sen casa. Ante esta inxusta e inexplicable situación o neno ponse en marcha para atopar unha solución, e nesta busca, dispárase un mundo de pequenas e divertidas aventuras protagonizadas polas máis variadas personaxes. Un encontro cómico e poético que desemboca nun final feliz propiciado polo apoio solidario.

- Cursos de Improvisación oral en verso e Narración oral-Actividades do Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo (CIOV)

De outubro a maio.
Os mércores e xoves, respectivamente, no IME-Instituto Municipal de Educación (cmño. do Chouzo, 2), aula 17.
Comezo o 22 e 23 de outubro, respectivamente

Toda a información na web: snl.vigo.org
Descargar todas as imaxes