Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
mércores, 30 de xullo de 2014

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


As obras do complexo deportivo de Navia contan cun promedio de 60 traballadores e avanzan a "gran velocidade"

O alcalde achegouse esta mañá ás obras de construcción das novas instalacións deportivas de Navia que avanzan a bo ritmo e nas que traballan 60 profesionais. Cun custo de preto de 9 millóns de euros, nestes momentos estase concluíndo a cimentación e comenzando co traballo de estrutura. Está previsto que as obras rematen en xuño de 2015.




Cun orzamento de preto de 9 millóns de euros, as obras do futuro complexo deportivo de Navia avanzan a "gran velocidade", segundo asegurou o rexedor durante unha visita que realizou esta mañá, acompañado pola tenente de alcalde, Carmela Silva e os concelleiros de Fomento e Deportes, David Regades e Manel Fernández, respectivamente. Trátase, dixo, dun "proxecto exepcional" que da traballo nestes momentos a 50 persoas e no que máis adiante traballarán unhas 70 polo que "falamos dun promedio de 60 traballadores, e isto son políticas keinesianas de emprego".

Explicou que nestes momentos estáse a rematar a cimentación e xa se está a comezar cos traballos de estrutura. Deste xeito, precisou, no primeiro semestre de 2015, Vigo contará cunha nova dotación deportiva que incluirá 8 pistas de pádel, unha pista polideportiva, un campo de fútbol 7, 4 salas de actividades, unha sala "fitness", unha piscina de 25x12.5 metros, outra de aprendizaxe e unha de tratamento con chorros. Ademais, inclúe un acceso peatonal ao centro deportivo polo lado norte, cunha grande plaza que unificará os accesos ao pavillón polideportivo e ó campo de fútbol. Contará con 2 aparcamentos, con 266 prazas, e zonas verdes.
Mais noticias
O goberno local aproba o proxecto da "gran reforma"de Balaídos por 4,2 millóns
O goberno de Vigo ultima o inicio dos traballos de humanización do entorno de Churruca e Don Bosco
O alcalde asina un convenio con Érguete para contratar 49 coidadores de barrio
O Auditorio Mar de Vigo disporá dunha sala de estudo de 200 m2 a partir de 2015
O Concello coopera con 15.000 euros coas actividades de CC.OO.
Chano explicou a Caballero que inicia no Europeo de Eindhoven o camiño para os Xogos de Río 2016 e o Concello estudará o patrocinio do nadador
Caballero di que o ouro do remeiro Jaime de Haz é "magnífico" e que o Concello apoia "a todos os deportistas importantes"
Malú reune a máis de 30.000 persoas no concerto de Vigo
O Auditorio Municipal acolle o xoves a proxección do filme "Encallados" dentro da programación de Vigo en Festas
Programación infantil das Festas de Verán
ANIMACIÓNS DE RÚA


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003