mércores, 10 xuño 2026

Caballero felicita aos policías e civís que rescataron a tres persoas en Samil

mércores, 10 xuñ 2026

O alcalde trasladoulles o agradecemento, no nome de Vigo, aos axentes da Policía Local e aos dous cidadáns, un deles socorrista profesional, que a pasada tarde evitaron o afogamento de tres persoas na praia de Samil. "Quero felicitarvos e quero agradecervos que salvastes tres vidas", dixo Caballero, que destacou a súa "capacidade cidadá" e o seu valor, dado que conseguiron rescatar a tres persoas da auga, unha delas menor de idade, que non eran capaces de saír polos seus propios medios, e que o lograron en circunstancias adversas e traballando en equipo. Un exemplo de valentís, de compromiso cidadá e da policía "ben formada que temos", recalcou.

Caballero destaca a transcendencia do cume de Vigo cos maiores expertos nacionais en cirurxía cardio e endovascular

mércores, 10 xuñ 2026

O alcalde reseñou hoxe, ante os participantes no XXVIII Congreso da Sociedade Española de Cirurxía Cardiovascular e Endovascular e o XXIV Congreso Nacional da Asociación Nacional de Perfusionistas, a importancia dos avances “continuos e permanentes” destas especialidades no aumento das expectativas de vida das persoas cunha doenza cardíaca.

O alcalde reúnese co cónsul do Uruguai

mércores, 10 xuñ 2026

Abel Caballero recibiu este mércores a Ramiro Rodríguez, quen durante os últimos cinco anos foi cónsul xeral do Uruguai para Galicia, Asturias, Cantabria e o País Vasco e que este mes de xuño remata a súa etapa no cargo. No encontro tiveron a oportunidade de analizar os asuntos que afectan á comunidade uruguaia en Vigo e Galicia e o rexedor desexoullo moito éxito nos cometidos profesionais que desenvolva a partir de agora.

O "Día do Mini Basquet 2026" reúnirá en Navia a máis de 500 xogadores

mércores, 10 xuñ 2026

O alcalde mantivo uhna reunión coa organización da xornada deportiva que se desenvolverá este domingo, 14 de xuño, no pavillón municipal de Navia co obxectivo de celebrar o final de temporada. O evento organízase para as categorías benxamín, (nados nos anos 2016, 2017, 2018 e 2019) de 10.00 a 14.00 horas, e alevín (nados nos anos 2014 e 2015) de 16.00 a 20.00 horas. Participarán corenta equipos de Vigo e comarca.  Ademais da disputa de partidos, haberá actividades paralelas, entrega de agasallos, sorteos e moitas outras sorpresas.