martes, 21 set 2021
A Xerencia de Urbanismo deu luz verde este martes á licenza de obra nova e rehabilitación do proxecto de Marqués de Valladares 39, 41 e 43 que comprende un solar e o edificio Ribas.
martes, 21 set 2021
Abel Caballero cualificou de “disparate” que o presidente da Autoridade Portuaria aposte de xeito “irrenunciable” polo tren á terminal de Bouzas “que o que fai é romper a cidade”
martes, 21 set 2021
O alcalde exixiu responsabilidades en rolda de prensa polo atraso da obra logo do compromiso da conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, de telo rematado a mediados de setembro e dispoñible para a Feira Conxemar.
martes, 21 set 2021
Con motivo do Día Mundial do Alzhéimer, o Concello organizou dúas viaxes en pola ría de Vigo para usuarios e familiares de Afaga. Cincuenta persoas saíron esta mañá a bordo do buque oceanográfico Nautilus e pola tarde sairá outra quenda, tamén desde o Real Club Náutico. O rexedor saudou esta mañá aos participantes desta iniciativa coa que o goberno local quere cooperar coas familias que sofren esta enfermidade.
martes, 21 set 2021
Baixo o lema “Concertos Malditos” desenvólvese un ciclo conformado por tres recitais, que se inicia este domingo, 26 de setembro no Auditorio Municipal. Coa programación de outono a Orquestra Clásica retoma os recitais nas salas de concertos logo das cancelacións obrigadas pola pandemia.
martes, 21 set 2021
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, saudou a aposta de Manuel Álvarez, "Noli", e de Fernando del Barrio para que Vigo reciba un torneo internacional júnior de tenis do 10 ao 16 do vindeiro outubro no complexo deportivo municipal de Samil.