venres, 17 set 2021
O servizo municipal conta con 717 usuarias de alta, fundamentalmente mulleres maiores de 80 anos que viven soas e que teñen na teleasistencia “a tranquilidade, o acougo” dun pulsador que ofrece unha “gran confianza”. Ademais de atender casos de emerxencia, o Concello ofrece acompañamento e seguimento ás mulleres.
venres, 17 set 2021
O alcalde e o director de Vegalsa-Eroski, Joaquín González, renovaron o convenio cun importe de máis de 18.000 euros para financiar o programa “Camiño a camiño” no que participarán 800 persoas este ano.
venres, 17 set 2021
O alcalde destaca a importancia deste sector “na loita contra o cambio climático e a eficacia enerxética”. O Auditorio Mar de Vigo acollerá este congreso entre o 29 de setembro e o 1 de outubro.
venres, 17 set 2021
Abel Caballero presentou esta mañá o II Desafío Audiovisual Illas Cíes, unha iniciativa que levará ás illas do 19 ao 22 de setembro a dez equipos de artistas que reflectirán distintas visións do arquipélago nos seus traballos fotográficos e de vídeo. “Seguimos promovendo a nosa candidatura de Cíes a Patrimonio da Humanidade, mentres que a Xunta demostra que só quixo obstaculizar o noso traballo”, advertiu o rexedor en declaracións aos medios.
venres, 17 set 2021
O alcalde anunciou esta mañá un novo festival de música na cidade, Bluefest, que encherá o Mar de Vigo de blues, soul, funk e rock o venres 22 e o sábado 23 de outubro. O cartel inclúe algúns dos mellores artistas nacionais e internacionais destes xéneros.