Escoitar

A teleasistencia do Concello realizou 6.780 chamadas en agosto

O servizo municipal conta con 717 usuarias de alta, fundamentalmente mulleres maiores de 80 anos que viven soas e que teñen na teleasistencia “a tranquilidade, o acougo” dun pulsador que ofrece unha “gran confianza”. Ademais de atender casos de emerxencia, o Concello ofrece acompañamento e seguimento ás mulleres.

venres, 17 set 2021
Abel Caballero, este venres.
Abel Caballero, este venres.

As usuarias do servizo municipal de teleasistencia son atendidas “de forma continuada” polo Concello de Vigo, establecendo contacto por cuestións de emerxencia, se é preciso asistencia sanitaria ou por cuestións sociais non médicas, pero tamén por exemplo no día de aniversario, de haber ingreso hospitalario ou incluso para recordatorio de tomar o tratamento médico prescrito.

Esta función ofrece “unha gran confianza” ás usuarias, asegurou Caballero, quen eloxiou un programa que presenta un orzamento anual próximo aos 100.000 euros, uns cartos “marabillosamente utilizados” porque supón “a tranquilidade, o acougo” destas mulleres.

Descargar todas as imaxes