Escoitar

Concello e Vegalsa-Eroski asinan o convenio para o programa “Camiño a camiño” por noveno ano consecutivo

O alcalde e o director de Vegalsa-Eroski, Joaquín González, renovaron o convenio cun importe de máis de 18.000 euros para financiar o programa “Camiño a camiño” no que participarán 800 persoas este ano.

venres, 17 set 2021
Abel Caballero e o director de Vegalsa-Eroski, Joaquín González, na sinatura do convenio para o programa "Camiño a camiño"
Abel Caballero e o director de Vegalsa-Eroski, Joaquín González, na sinatura do convenio para o programa "Camiño a camiño"

Abel Caballero e o director de Vegalsa-Eroski, Joaquín González, asinaron o convenio para financiar o programa municipal “Camiño a Camiño” por noveno ano consecutivo. O importe do mesmo será de máis de 18.000 euros.

Deste xeito, organizaranse 8 percorridos mediambientais que desenvolveranse durante os meses de setembro, outubro e novembro nos parques forestais de Bembrive, Beade, Monte dos Pozos e as serras do Suído, Groba, Galleiro e Galiñeiro.

Este ano participarán 800 persoas e suman 13.000 en total desde o comezo do programa. Pódese consultar o programa completo premendo aquí. 

Descargar todas as imaxes