martes, 26 xan 2021
O Concello de Vigo arranxou o problema da calefacción do Colexio Otero Pedrayo tras substituír unha peza da vella caldeira. Abel Caballero informou este martes de que o grupo municipal socialista pedirá no Pleno da Corporación que a Xunta de Galicia invista 40 millóns en 4 anos para solucionar os problemas existentes nos centros escolares da cidade.
martes, 26 xan 2021
O alcalde de Vigo acudiu este martes á capela ardente instalada no Concello de Cangas polo seu alcalde, Xosé Manuel Pazos, falecido nas últimas horas. “Temos unha sensación de moita pena porque era un grande alcalde e unha grande persoa”, sinalou Caballero en rolda de prensa.
martes, 26 xan 2021
O alcalde considera “imprescindible” a indemnización ao sector hostaleiro da cidade e concorda coa idoneidade de aplicar os criterios que contempla tanto o modelo Valencia como o proposto polas deputacións galegas: a achega do 1% do orzamento de cada administración.