martes, 17 nov 2020
O salón de plenos do Concello de Vigo acollerá este mércores (09:00 horas) unha sesión extraordinaria para aprobar os Orzamentos do ano 2021. O alcalde avanzou que se trata do presuposto máis importante da historia da cidade e que non haberá aumento de ningunha taxa municipal.
martes, 17 nov 2020
Co obxectivo de facilitar o acceso das mulleres ao corpo de bombeiros, o goberno local adaptará as probas físicas modificando parámetros “inxustos” de imposible cumprimento para as mulleres. Así será na Oferta pública de emprego do 2017, 2018 e 2019 que o Concello está a desenvolver nestes momentos.
martes, 17 nov 2020
O alcalde esixe ao goberno autonómico que faga o instituto e lémbralle que se trata da zona de Galicia con maior poboación xove e que o Concello pon o terreo a disposición da Xunta. “Feijóo anunciou hoxe algo que vai tardar anos en facerse, pero cando leve gobernando 16 anos non terá feita ningunha vivenda en Navia”, sinalou.
martes, 17 nov 2020
No marco do foro internacional AutoMob sobre o futuro do automóbil, o alcalde apostou por arraigar no territorio o proceso tecnolóxico, coordinando sector público e privado, e da man do financiamento da Unión Europea. Caballero defendeu o máis de medio século de experiencia de Vigo como aval para o éxito dos retos inmediatos do coche eléctrico, autónomo e conectado.
martes, 17 nov 2020
O alcalde de Vigo visitou este martes o novo establecemento da empresa Lidl en compañía do director rexional da compañía en Galicia, Jaime Herrá. A tenda, situada na antiga nave de Toys’ R’ Us, é a primeira da cadea en toda a comunidade en incorporar un “travelator” -corredor rodante- para favorecer a accesibilidade e a comodidade.